Ferido un operario mentres realizada o seu traballo nas obras da ponte de Rande

Publicado: lunes, 18 diciembre 2017 9:39

VIGO, 18 Dic. (EUROPA PRESS) -

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron na noite do domingo a un operario que resultou ferido mentres realizaba o seu traballo na ponte de Rande, no municipio de Moaña (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, o home feriuse nun pé e a súa evacuación complicouse ao atoparse nunha zona moi alta do lugar, polo que foi necesaria a intervención de bombeiros para rescatar ao traballador ferido.

Após recibir a chamada do alertante, sobre as 22,00 horas do domingo, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) do 112 Galicia, puxo os feitos en coñecemento do 061 e dos Bombeiros do Morrazo, do Salnés e de Vigo, así como, de Protección Civil da localidade. Así mesmo, informou da situación aos axentes da Guardia Civil e da Policía Nacional.

Sobre as 23,00 horas os Bombeiros do Morrazo comunicaron ao 112 que, xunto cos compañeiros de Vigo, baixaban ao ferido por unhas escaleiras interiores. Aínda así, tiñan que facer uso dunhas cordas para o rescate.

Unha vez finalizado o rescate, o traballador foi trasladado polo persoal sanitario mobilizado a un centro hospitalario.